Altia Control Tower, na lista das cen mellores ideas de Actualidad Económica
martes, 15 de decembro do 2020
A
empresa galega Altia vai rematar o ano cunha nova distinción ao seu
labor e ás súas contribucións tecnolóxicas avanzadas. En
concreto, a
súa ferramenta Altia Control Tower foi seleccionada como unha das
100 Mellores Ideas da publicación Actualidad Económica
na edición 42 desta escolma de grandes achegas ao mercado.
Segundo
explica Altia, trátase dun recoñecemento á innovación empresarial
que, no caso da empresa tecnolóxica con sede en Oleiros, distingue o
alcance de Altia Control Tower “como ferramenta impulsora da
transformación dixital das empresas encadradas dentro do sector
loxístico e da distribución”.
En
concreto, Actualidade Económica distinguiu o módulo de
rastrexabilidade de mercadorías de Altia Control Tower como
“ferramenta que facilita o seguimento de produtos transportados en
vehículos ou frotas corporativas, achegando unha visibilidade en
tempo real que permite axustar ao máximo os tempos de entrega dos
pedidos”. A publicación salienta que esta aplicación para o
seguimento exhaustivo das mercadorías “resulta moi útil para
empresas cargadoras, persoal de almacén, xestores de tráfico e
operadores loxísticos”.
Francisco
Rosell, director de El Mundo (cabeceira á que pertence Actualidad
Económica), convidou a Iago Rodríguez-Quintana, responsábel da
unidade Altia Logistic Software, a recoller o premio.