empresas
Dinahosting recibe o selo de empresas éticas do CCII
Dinahosting, empresa galegta provedora de hospedaxe, dixitalización e infraestrutura, vén de ser acreditada co selo de empresa ética outorgado polo Consello Xeral de Colexios Profesionais en Enxeñaría Informática de España (o consello estatal da profesión da Enxeñaría Informáticxa coñecido como CCII). Trátase dnha certificación que busca pór en valor a aquelas (...)
Ler máisCabify recibe unha valoración de 1.400 millóns de dólares
A popular compañía de transporte Cabify anunciou unha rolda de financiamento de 160 millóns de dólares á que acoden Rakuten Capital, o fondo TheVentureCity, Endeavor Catalyst e Gat Inversores, entre outros, e que supón a valoración da compañía en 1.400 millóns de dólares, de xeito que xa podería considerarse un unicornio (compañía valorada en máis de 1.000 millóns (...)
Ler máisAtlantTIC, Orange, Ericsson e Optare sentan as bases para converter a UVigo nun smart campus
AtlantTIC, Centro de Investigación das Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, participou a semana pasada (o mércores 9) na que sería a primeira das probas que acolle un campus galego arredor das novas capacidades da tecnoloxía 5G, desta volta aplicadas á seguridade e á xestión da mobilidade. O proxecto no que colabora o centro pretende avanzar (...)
Ler máisVodafone Business crea un hub para alentar a recuperación postCOVID das pemes
Vodafone Business lanzou este 7 de xullo en España (e máis no Reino Unido, Francia e Italia) un novo espazo de traballo para avivar a recuperación empresarial das pequenas e medianas empresas neste contexto postCOVID no que estamos mergullados. Trátase da iniciativa V-Hub, un servizo orientado ás pemes que lles ofrecerá guías detalladas sobre a transformación (...)
Ler máisA Tecnópole acada o fito de 109 empresas acubilladas
O Parque Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole, vén de ir alén da barreira das cen empresas acubilladas. Este fito foi acadado no último mes, coa solicitude de incorporación de nove novas firmas a través de requirimento de domiciliación virtual, peticións que recibiron o visto bo definitivo no Consello de Administración celebrado hoxe na Tecnópole. Segundo informan (...)
Ler máisAltia adquire Bilbomática por 24 millóns de euros
O grupo galego Altia vén de adquirir o 100% de Bilbomática por 24 millóns de euros. A operación supón para a compañía galega a integración de máis de 550 profesionais da empresa tecnolóxica vasca con sede en Bilbao, co que o persoal sitúase en máis de 3.200 persoas. A compra, en palabras da empresa coruñesa, “reforza a idea de crecemento sólido e ordenado que (...)
Ler máisA viguesa Netun Solutions, recoñecida polas autoescolas estatais
A empresa viguesa Netun Solutions, responsábel dun revolucionario dispositivo tecnolóxico destinado a rematar cos riscos dos triángulos de sinalización de avarías, o dispositivo Help-Flash, vén de gañar o Premio en Innovación á Seguridade Viaria que concede a Fundación CNAE da Confederación Nacional de Autoescolas. Co dito galardón, a entidade quixo enxalzar as (...)
Ler máisVolve este outono o curso de Vitae sobre como constituír os mellores equipos TIC
Vitae Consultores vai organizar estes meses de novembro e decembro unha nova edición, a 17, da súa actividade formativa dirixida a mellorar o día a día (a toma de decisións, a planificación, a xestión, a creación dos máis axeitados grupos de traballo) dos responsábeis dos equipos humanos nas empresas tecnolóxicas e, tamén, das persoas encargadas dos departamentos (...)
Ler máisTelevés mostra perante o Goberno galego o seu ambicioso proxecto de Industria 4.0
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, visitaron hoxe o Centro Tecnolóxico de Televés Corporación en Santiago de Compostela. Durante o seu percorrido polas instalacións da empresa galega, referente en equipamentos de telecomunicación e tamén en ámbitos punteiros de saúde dixital e o (...)
Ler máisSIVSA converte centros sanitarios de Perú en hospitais sen papeis
A empresa galega SIVSA, centrada en servizos tecnolóxico-dixitais avanzados, segue adiante co seu importante proceso de internacionalización, un afianzamento en novos mercados (principalmente alén do Atlántico, aínda que tamén no norte de África) do que vén de achegar relevantes novidades. Estas consisten na consolidación da súa presenza en Perú, onde vén de (...)
Ler máis0 | ... | 560 | 570 | 580 | 590 | 600 | 610 | 620 | 630 | 640 | ... | 700