Este xoves a UVigo abre as portas de Rederas, congreso de redes sociais das universidades estatais
mércores, 22 de maio do 2024
A Universidade de Vigo organiza esta semana, o xoves e o venres 23 e 24 de maio, a segunda edición de Rederas (Encontro de profesionais da comunicación en RRSS das universidades españolas). Será no Edificio Redeiras do Berbés, en Vigo. Mónica Valderrama, vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais e Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, serán os encargados de inaugurar o congreso tecnolóxico-docente.
Entre os días 23 e 24 de maio, representantes de institucións académicas de todo o Estado debaten en Vigo sobre as redes sociais como eixes principais da comunicación institucional das universidades e canles imprescindíbeis para manter unha comunicación aberta e fluída coa comunidade universitaria.
Tras o acto de apertura, a primeira sesión da xornada centrarase nas novas narrativas e tendencias.
As sesións en horario de tarde trasládanse ao edificio Ernestina Otero, no Campus de Vigo.