Etsy factura 895,1 millóns de dólares en 2012
martes, 29 de xaneiro do 2013
Os produtos feitos a man están a atopar na Rede un xeito de comercialización
de grande éxito, grazas a facilitar a conexión entre os artesáns e os
consumidores de todo o mundo, polo que un produto que poderiamos considerar de
nicho pode atopar o seu público dun xeito relativamente doado como están a
demostrar dende Etsy, mercado en liña que leva
máis de 7 anos operando e que durante
2012 conseguiu medrar un 70,3% ata chegar a unha facturación total de 895,1
millóns de dólares, deixando claro que a artesanÃa pode atopar o seu lugar
na Internet, de xeito que o tradicional e o máis tecnolóxico, lonxe de entrar
en conflito, casan á perfección.
Boa parte do éxito de Etsy é que as vendas son moi persoais, de xeito que non
se trata dunha frÃa tenda en liña, senón que as persoas que elaboran os seus
produtos os que as venden, resultando a categorÃa lÃder a da xoierÃa, aÃnda que
pouco a pouco outros produtos como a roupa e o fogar van collendo forza, aÃnda
que tamén pode sorprender o feito de que os mobles conseguisen ser a categorÃa
de maior crecemento en 2012 (cun incremento do 134%).
Etsy está dispoñible en inglés, alemán, francés, holandés, italiano e español, traducións
que realizaron grazas á contribución dos seus usuarios (tendencia cada vez
máis habitual na Rede), aÃnda que a meirande parte das compras continúa
centrándose nos EE.UU., paÃs seguido por Canadá e Australia. A distribución xeográfica
de vendas e compras é moi semellante, agás polo feito de que no sur de Asia hai
unha clara inclinación da balanza cara a produción en vez da compra.