Google deixa de vender directamente o Nexus One
venres, 14 de maio do 2010
Pese a que aínda
non chegou oficialmente a España, o Nexus One leva varios meses á venda nos
EE.UU. con pouca fortuna, o que levou a Google a corrixir
a súa política de comercialización, de xeito que eliminan a súa
imposición de vender o terminal exclusivamente a través da Internet, e incluso
recomendan outros terminais baseados en Android coma o Droid Incredible
comercializado por Verizon e o HTC Evo 4G que distribúe Sprint (ambos do mesmo
fabricante que o Nexus One).
Dende Google confirman que a plataforma Android está a funcionar mellor de
esperado, pero a súa tenda en liña de teléfonos foi un rotundo fracaso, en boa
medida porque os consumidores gustan de ter nas súas máis un móbil antes de
mercado, así como poder adquirilo con certa variedade de contratos.
O Nexus One xa está a desembarcar en Europa seguindo esta nova filosofía de
venda, pero agora tamén vai aplicarse nos EE.UU., no que poderiamos considerar
coma un renuncio de Google, que
deixará de vender os seus móbiles directamente vía web.