Motel Valkirias, finalista nos Premios á Innovación de Contidos 2023 (e nos Premios PRODU)
mércores, 13 de setembro do 2023
A
serie de ficción galego-portuguesa, Motel
Valkirias, producida
por CTV e SPi, está
de celebración pois vén de ser elixida finalista en dous certames
internacionais: nos Premios PRODU 2023, na categoría de mellor serie
de comedia dramática e nos Premios á
Innovación de Contidos 2023 -Content Innovation Awards 2023-, no
apartado de mellor nova serie con guión en
idioma non inglés.
Os
Premios PRODU 2023 son os
únicos do sector que buscan recoñecer a excelencia na produción
latina e en español e impulsala no mundo, convocados en asociación
con MIP Cancún, o mercado de contido de lecer
número un de Latinoamérica. Estes
galardóns son avaliados e outorgados por
máis de 600 xurados, profesionais da televisión, os contidos, a
creatividade e o mercadeo, entre os que se atopan Ghaleb Jaber
Martínez, produtor executivo de CTV, e Ana Ferreirós, a xefa de
Relacións Externas e Desenvolvemento de Negocio da empresa
audiovisual. A sétima edición da gala
dos Premios PRODU será no mes de novembro e retransmitirase vía
streaming dende
a web de
seu, para logo condensar a emisión nun
especial de dúas horas en televisión que se emitirá en diferentes
canles de Latinoamérica, EEUU e España.
En
canto aos Premios á Innovación de
Contidos 2023 (Content
Innovation Awards 2023),
levaranse a cabo en asociación con MIPCOM Cannes
(o 39.º Mercado Internacional de Coprodución e Contidos de Lecer,
a meirande
reunión mundial de profesionais da televisión e os medios de
comunicación), o 18 de outubro no Gran Auditorio do Palais des
Festivals en Cannes (Francia).
Motel
Valkirias é unha serie que consta de 8
episodios de 50 minutos, dirixida por Álex Sampayo e Jorge Queiroga,
con guión de
Ghaleb Jaber Martínez, Raquel Arias, Albela Araújo, Patrícia
Müller, Manuel Gancedo e Manuel Darriba. Está protagonizada por
María Mera, Marina Mota, Maria João Bastos e
Chechu Salgado.
“Estamos
moi contentos por estes recoñecementos internacionais, por unha
banda, uns prestixiosos premios en Europa, e por outro, un premio
alén do charco, en América Latina. Constata que a produción está
a gustar á crítica e é un exemplo de como a conexión entre
Galicia e Portugal pode abranguer
un mercado internacional”, contaba Jaber
Martínez.