Nintendo reparará de balde o drifting dos mandos da Switch

luns, 3 de abril do 2023 Marcus Fernández

Levamos varios anos con queixas sobre os Joy-Con da Nintendo Switch, xa que estes mandos teñen un deseño que moitos consideran defectuoso, xa que é extraordinariamente frecuente que tras un lixeiro desgaste o mando comece a rexistrar movementos cando non se lle toca. Ante o número de reclamacións presentadas nos EE.UU. decidiran realizar reparacións de balde en 2019 (incluso en consolas fóra de garantía) e parece que agora esta política tamén se está a aplicar en España, xa que o servizo de atención ao consumidor de Nintendo recolle o chamado drifting como un problema que solucionarán de balde sempre que non fose ocasionado por uso incorrectos ou outros factores alleos a Nintendo.
A páxina de axuda de Nintendo di claramente que «até novo aviso, Nintendo non facturará os gastos de reparación que supoña o problema da capacidade de reacción dentro do Espazo Económico Europeo, Reino Unido e Suíza, con independencia de se o problema produciuse por un defecto ou por desgaste».

PUBLICIDADE