Os Centros de Betanzos e Vilasantar dan conta das actividades TIC que levaron a cabo en xullo
mércores, 29 de xullo do 2009
A Rede de
Dinamización da Sociedade da Información, na súa teima por seguir
achegándolle as TIC a tódolos veciños e veciñas galegas do rural, titorizando á
cidadanÃa con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas
necesarios para rachar coa fenda dixital existente no noso paÃs, continuou en
xullo coa súa labor de difusión das novas tecnoloxÃas, e vén de dar conta das
actividades que levou a cabo nos centros de Vilasantar e Betanzos.
Durante este mes
de xullo foron 26 os novos usuarios que se uniron á Rede de Dinamización en
Betanzos, 8 homes e 18 mulleres, que aproveitaron o seu tempo libre para
achegarse un pouco máis á Sociedade da Información.
En
total, leváronse a cabo 5 obradoiros nos que participaron 50 persoas, na súa
maiorÃa mulleres. Os obradoiros máis demandados foron o de Procesador de textos e o de Alfabetización
dixital, cun total de once participantes cada un. Foron 52 horas de
formación que se desenvolveron na aula do Telecentro do concello betanceiro.
A
Rede de Dinamización da Sociedade da Información tamén continuou en xullo co
seu traballo decidido a prol da inmersión da sociedade galega nas novas
tecnoloxÃas en Vilasantar, concello que remata o mes logo de impartir un total
de 4 obradoiros tecnolóxicos, que se estenderon ao longo de 30 horas e a través
dos que se formou a 20 persoas.
Os obradoiros
impartidos este mes foron Debuxa co ordenador, MecanografÃa, Wikipedia e Ferramentas TIC de apoio educativo. Asemade,
levouse a cabo unha charla na que se formou aos asistentes para atopar traballo
a través de Internet, na que se puxo de manifesto a grande diversidade
formativa que oferta a Rede de Telecentros da man dos 51 dinamizadores e
dinamizadoras que traballan de xeito incansable para formar á cidadanÃa en
materia de novas tecnoloxÃas.
Asemade, 5
persoas inscribÃronse como usuarios/as da Rede para poder aproveitar -sempre de
xeito gratuÃto- as instalacións e todas as iniciativas que esta oferta nas
horas de aula aberta, que foi utilizada nun total de 169 ocasións.
En
canto aos números xerais da Rede, desde que botara a andar neste concello de
Vilasantar en febreiro de 2008, foron xa 222 os usuarios e usuarias que fixeron
o carné da RDSI. Neste tempo leváronse a cabo 46 obradoiros nos que se formou a
259 participantes. AÃnda que os obradoiros son a principal actividade formativa
que oferta a Rede, tamén se fixeron 7 charlas e 3 iniciativas, nas que
participaron 48 persoas.
Durante
o vindeiro mes de agosto, os centros de dinamización da Rede permanecerán
pechados por vacacións, polo que non levarán a cabo ningún tipo de acción
formativa, porén abrirán de novo as súas portas o vindeiro dÃa 1 de setembro,
cando retomarán as súas actividades en prol da inmersión da cidadanÃa galega na
Sociedade da Información.