Preto de duascentas persoas coñeceron as instalacións, laboratorios e liñas de traballo do Centro AtlanTTic
mércores, 25 de outubro do 2023
Alumnos de varios institutos de ensino medio participaron o pasado venres en Vigo na xornada de portas abertas Conecta con atlanTTic, unha
actividade organizada polo Centro de Investigación en TecnoloxÃas
de Telecomunicación da Universidade de Vigo (atlanTTic) co obxectivo
de achegarlle a cidadanÃa galega as instalacións, laboratorios e
principais liñas de traballo deste centro.
Durante
a visita alumnas e alumnos tiveron a oportunidade de coñecer as
instalacións e o equipo de traballo deste centro, participando en
demostracións sobre comunicacións 5G, ópticas e vÃa satélite, e
falando coas investigadoras e investigadores sobre proxectos
como Panoramix, centrado na detección do deterioro cognitivo en
persoas maiores, ou Celia, un chatbot
con empatÃa para entreter e acompañar a persoas maiores.
Familiarizáronse tamén cos sistemas de radar e xeoposicionamento; a
aplicación SignaMed, que traballa no recoñecemento automático de
lingua de signos para facilitar a comunicación coas persoas xordas;
e Lightboard, un taboleiro de cristal luminoso para a educación
dixital.
Visitas
guiadas aos laboratorios
AsÃ
mesmo, as persoas asistentes participaron nas visitas guiadas aos
laboratorios, como o de Seguimento de satélites; o de Acústica,
incluÃda a sala de control non-environment
e a sala semi-anecoica, acondicionadas coa tecnoloxÃa Metadyne,
material que permite absorber as ondas acústicas; e o laboratorio
QOPHI, centrado na investigación e deseño de dispositivos fotónicos
integrados, onde se puxeron ao dÃa sobre a revolución que supoñen
os chips que empregan esta tecnoloxÃa.
Durante
a visita, o alumnado, principalmente da ESO, de Bacharelato
Tecnolóxico e dun ciclo de FP, aproveitaron para interesarse polo
labor diario das investigadoras e investigadores dun centro de
investigación e como repercute o seu traballo na sociedade.
Aberto ao
público pola tarde
A
Xornada de Portas Abertas de atlanTTic continuou pola tarde coa
apertura ao público xeral ás visitas. Asistiron preto dun centenar
de persoas de diferentes idades que ademais de visitar os
laboratorios de Seguimento de satélites e o de Acústica, tamén
visitaron os diferentes stands
instalados na Escola de EnxeñarÃa de
Telecomunicación onde as investigadoras e os investigadores do
centro amosaron aos visitantes, como fixeron pola mañá cos
estudantes, algúns dos proxectos e avances nos que están a
traballar.
Desde
a organización valoran de xeito moi positivo a acollida, unha
edición máis, desta proposta de divulgación cientÃfica que
permitiu achegar aos centros educativos, ás familias e ao resto de
visitantes o traballo que desenvolve o persoal investigador de
atlanTTic. Algunhas das persoas que acudiron facÃano por primeira
vez e outras, que xa acudirán en anos anteriores, quixeron repetir a
experiencia, conseguindo alcanzar con éxito o obxectivo principal
desta xornada, achegar a actividade investigadora do centro á
sociedade.