Spotify rexistra beneficios no último trimestre
luns, 28 de outubro do 2019
A primeiros de ano dende Spotify quixeron deixar claro que
non se vÃan como un servizo musical, senón como un servizo de audio, de aà que
fixesen importantes
investimentos no mundo do podcasting, que poderÃan ter xogado un importante
papel nos últimos
resultados financeiros da compañÃa, nos que superaron as expectativas e
conseguiron un resultado operativo positivo (tras unha boa tempada en perdas),
rexistraron un incremento interanual de usuarios activos mensuais do 30%
(chegando aos 248 millóns) e un incremento trimestral do 39% no número de horas
de podcasts consumidas.
Resulta curioso ver como o podcasting, presente no mercado dende hai moitos
anos, estea a converterse nun fenómeno emerxente xusto agora, especialmente en territorios
como EE.UU., levando a moitos creadores de contidos a dar o salto ao podcasting
como un xeito máis de conectar co público, que ve en Spotify un xeito de
reducir a fricción dun formato de distribución sonora que resulta moi cómodo e
chega incluso a levar a moitos usuarios a dar o salto do Spotify con
publicidade ao Spotify Premium (o que resulta moi rendible para a compañÃa, xa
que polos podcasts non teñen que facer fronte ao pagamento de dereitos de autor
como si acontece coa música).
No relativo á música, dende Spotify consideran que están a captar subscritores
a unha velocidade maior que Apple Music e Amazon Prime Music, aÃnda que cómpre
salientar que boa parte da captación de usuarios faise a través de plans para
estudantes e familias, o que supón uns volumes de ingresos inferiores aos de
contas ordinarias.
Finalmente semella que Spotify librarase do que poderÃa ser unha das súas grandes
ameazas: a paquetización por parte de Apple. Ao parecer, Apple estivo a
negociar a posibilidade de ofrecer un lote de subscricións que incluÃse música,
videoxogos, contidos audiovisuais e novas, pero atoparon bastante oposición das
discográficas, polo que, de momento, Spotify libra de topar cun competidor
difÃcil de superar.