Threads non chegará de inicio a Europa
mércores, 5 de xullo do 2023
O
lanzamento de Threads, a alternativa a Twitter que chega da man de Instagram,
está programada para este xoves, téndose xa detectado que unha serie de
contas está a acceder á plataforma de xeito preliminar, coa intención de que
no momento no que se abran as portas ao público xeral xa haxa algún contidos.
Temos así que responsables de Meta como Mark
Zuckerberg ou Adam Mosseri,
creadores de contido e influentes como Marques
Brownlee ou Guy Kawasaki,
e compañías como Netflix teñan
xa un perfil activo en Threads visible vía web, aínda que para poder
interactuar coas publicacións instan aos usuarios a descargar a aplicación nos
seus dispositivos móbiles.
Pero dende España imos tardar en saber se realmente esta proposta de Meta será
quen de substituír a Twitter, xa que aseguran que aínda que esta semana Threads
vexa a luz en EE.UU. e Reino Unido, o
lanzamento europeo realizaríase máis adiante segundo un voceiro da Comisión de
Protección de Datos (DPC) de Irlanda.
Dado que Threads nace captando datos de Instagram a súa chegada a Europa pode
ser problemática, xa que actualmente Meta non pode mesturar os datos dos
usuarios de Facebook e WhatsApp, e posiblemente Threads teña que adoptar
medidas semellantes para garantir a protección de datos dos usuarios europeos.