Tomeu Vizoso falará este xoves na Coruña do proxecto Sugar
mércores, 10 de febreiro do 2010
Tomeu Vizoso, desenvolvedor de programación libre de SugarLabs, estará este xoves 11 de febreiro na Coruña para impartir dous relatorios sobre o proxecto Sugar, interfaz gráfica de usuario que está arestora en preparación para o proxecto chamado OLPC (Unha computadora para cada neno), iniciativa social encamiñada a achegar equipos de baixo custe a cada cativa/o dos paÃses en vÃas de desenvolvemento.
A interfaz gráfica en cuestión, que está escrita na linguaxe de programación Python, será avaliada por Mateu Vizoso a través de dúas intervencións: unha primeira que servirá de introdución (perspectivas de futuro, a comunidade que hai ao seu arredor) e unha segunda que terá feitura de obradoiro de traballo colectivo dirixido a amosar como enriquecer ou corrixir o propio proxecto.
- Sugar é a interface gráfica utilizada no proxecto OLPC
Segundo informa Mancomún, Tomeu impartirá ámbalas dúas sesións en español nas oficinas de Igalia, inserÃndose esta actividade no Máster en Software Libre, aÃnda que está aberta á participación de calquera, sen máis limitación que o aforo da sala. Este é o programa de actividades:
· Sugar: pasado, presente e futuro, de 16:00 a 17:15
· ContribuÃr código a Sugar, 17:45 a 19:00