YouTube deixa de funcionar en numerosos dispositivos vellos
martes, 21 de abril do 2015
Nos últimos anos YouTube foi recibindo numerosas melloras,
tanto para o usuario final como nos xeitos de interactuar con outras aplicacións
e servizos a través de API, e tras un perÃodo de transición onte
rematou o prazo fixado (en marzo de 2014) para deixar de ofrecer soporte
para a coñecida como Data API v2, de xeito que consideran que deron tempo
suficiente aos desenvolvedores para adaptar o seu software á Data API v3, pero
nalgúns casos os usuarios quedan sen soporte para acceder a YouTube dende os
seus dispositivos pola ausencia dunha aplicación actualizada.
Os usuarios que deixarÃan de acceder a YouTube serÃan principalmente os que
teñan televisores e reprodutores de Blu-ray con funcionalidades de Smart TV
fabricados hai máis de 3 anos, pero tamén quedarÃan fóra os dispositivos
móbiles de Apple que non teñan como mÃnimo iOS 7 (que é a versión máis vella
que conta cunha aplicación de YouTube actualizada), os reprodutores Apple TV
das dúas primeiras xeracións, os dispositivos con Google TV desactualizados e
moitos máis trebellos, aÃnda que nalgún caso será posible continuar a acceder a
YouTube a través do navegador web.