Zona Franca e AJE Vigo forman a pemes e autónomos en manexo de tecnoloxías e en técnicas de desconexión
xoves, 6 de maio do 2021
A
Zona
Franca de Vigo e AJE Vigo presentaron esta semana un ambicioso
programa de formación que, segundo indicaron, marca un antes e
un despois na capacitación e transformación das nosas pemes e
persoas autónomas. Trátase do programa Dixitalización On-Off,
que pretende ofrecerlles ferramentas “imprescindíbeis no mundo
dixital pero tamén para que aprendan a desconectar”.
O
delegado do Estado na Zona Franca, David Regades, dixo na
presentación que “nunha época onde as ferramentas dixitais son
tan relevantes, este é un programa necesario para incorporar esas
técnicas para que as persoas poidan atopar o equilibrio entre o
dixital e elas mesmas”. E engadiu, respecto dos porqués deste
programa, que busca un punto de equilibrio entre o tecnolóxico e o
humano: “Detrás da dixitalización de pemes e autónomos hai
persoas que necesitan o seu espazo”. Explicou ademais que se trata
“dunha formación moi práctica e de utilidade, que poderán
aplicar de contado ao rematar cada clase”.
O
programa está pensado por e para pemes e autónomos e que necesitan
incorporar ferramentas dixitais que lles permitan ser máis
competitivas e eficientes na xestión dos seus recursos ao mesmo
tempo que lles ofrecen unha marxe segura para seguir mantendo a súa
actividade tradicional.
A
formación dura cinco semanas e cada sete días terá unha sesión on
e outra off. Así, a primeira semana na sesión on
abordarase o manexo de Whatsapp e mercadotecnia para pemes e
autónomos e na sesión off o control postural.
A
segunda semana abordaranse os microinfluencers na sesión on
e na off a alimentación na contorna laboral.
Na
terceira semana tratarase sobre ferramentas de cobro en liña e
mindfulness; na cuarta sobre Google My
Business e xestión do tempo e finalmente sobre
ciberseguridade.
Contarase
coa presenza de formadores especialistas como Alberto Falcón, Oscar
Cumí, Jose Alcañiz, Roberto González de SUP Galicia, Álvaro
Muzas, Nicolás Piedrafita, Victoria Ambrós e Cintia Salido
O
programa empeza a próxima semana, o 11 de maio, e é gratuíto para
asociados de AJE Vigo e participantes de ViaGalicia e viveiros de
Zona Franca de Vigo.