Lollipop Chainsaw RePOP lanzarase o 25 de setembro

venres, 14 de xuño do 2024 Marcus Fernández

En 2012 chegou a PlayStation 3 e Xbox 360 o xogo do xénero hack and slash titulado Lollipop Chainsaw, que permitíanos encarnar a unha animadora que tiña que enfrontarse a unha invasión de mortos viventes na liña de moitos filmes de serie Z.
Aínda que o xogo non contaba con alardes técnicos, conseguiu converterse nunha obra de culto grazas en boa media pola pegada deixada por Goichi Suda e James Gunn, de aí que parecese bastante acaído que anunciasen que estaban a preparar un remake do xogo para consolas modernas, aínda que finalmente non chegase a saír o ano pasado tal e como estaba previsto.
Dragami Games anuncia agora que Lollipop Chainsaw RePOP chegará simultaneamente en todo o mundo a PlayStation 5, Xbox Series X|S, Nintendo Switch e Steam, sendo a data elixida para o lanzamento o vindeiro 25 de setembro. Ese título manterá a historia do xogo de 2012 sen cambios, pero procurará mellorar o resto de detalles (a súa resolución medra até Full HD e certas mecánicas actualizáronse para adaptarse mellor ao que esperan un xogador actual), incorporando tamén contido xogable adicional (como o modo RePOP que ofrece unha estética única e chea de cor, inspirada na arte popular).

Tráiler de Lollipop Chainsaw RePOP

PUBLICIDADE