Artigos desta sección
Ábrese a preinscrición no Máster en Enxeñería Informática da Universidade de Vigo
A Universidade de Vigo abriu hoxe o prazo de inscrición para o Máster Universitario en Enxeñería Informática no seu Campus de Ourense co que os alumnos poderán ampliar a súa preparación e aumentar o seu nivel de cualificación profesional adaptado ó Espazo Superior de Educación Europeo coa obtención deste título de Máster. O obxectivo principal do programa é a (...)
Ler máisA Deputación de Lugo facilitará a contratación de acceso á Rede vía satélite nas zonas de sombra da súa provincia
A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo resolveu hoxe o procedemento de selección da entidade que colaborará coa execución do programa Satelíz@te, que pretende levar a Internet a núcleos rurais lugueses sen cobertura. Este iniciativa empréndese para intentar paliar a situación da provincia de Lugo, que segundo datos da AMTEGA, é a que ten maior número de zonas (...)
Ler máisFrogspace pecha o congreso sobre transferencia de tecnoloxía do espazo que tivo lugar en Vigo
Tras unha mañá dedicada a obradoiros prácticos, entre os que resaltou a presentación da spin-off viguesa Frogspace, clausurouse o congreso sobre transferencia de tecnoloxía do espazo ás empresas que durante dous días reuniu na sede do Consorcio a máis de trescentas persoas entre universitarios, viveiristas, investigadores, empresas e representantes políticos. (...)
Ler máisO CPEIG recoñecerá cun premio o éxito da Asociación PuntoGal
A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) acordou outorgarlle por unanimidade un galardón especial á Asociación PuntoGal pola recente consecución do dominio .gal. O acto de entrega do premio terá lugar durante a Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, que este ano chegará á súa quinta edición e terá lugar no mes (...)
Ler máisEGANET reincorpórase ao Clúster TIC Galicia
Na sesión ordinaria da súa Asemblea Xeral, celebrada onte en Santiago de Compostela, o Clúster TIC Galicia pechou o acordo para a reincorporación de EGANET e das súas empresas socias. Deste xeito, a representatividade verase incrementada e permitirá a dinamización e ampliación das capacidades para afrontar novos proxectos. Nos vindeiros meses o Clúster pechará (...)
Ler máisVodafone mellora a súa cobertura móbil en Galicia de cara ao verán
Para evitar problemas no servizo de telefonía móbil por mor da grande afluencia de persoas aos principais lugares costeiros e poboacións rurais do interior das catro provincias galegas Vodafone España está a reforzar a súa cobertura móbil, para o que realizou a ampliación da capacidade de rede existente a través de máis de 500 actuacións de mellora por toda (...)
Ler máisA Universidade de Vigo solta o seu segundo globo estratosférico
Tras o éxito do XaTcobeo, dende Vigo non queren abandonar a súa curiosa carreira espacial, e como símbolo desta aposta fixeron hoxe o lanzamento dun globo estratosférico chamado BALLOON-XAT 002 dende as instalacións de Zona Franca e froito do traballo do Grupo de Enxeñaría Mecánica e Automoción (CIMA) da Universidade de Vigo. Estamos ante o segundo de cinco (...)
Ler máisCrean un wiki para aglutinar coñecemento sobre os montes veciñais
Varios colectivos galegos emprenderon o proxecto O Monte é noso: sachando procomún, dende o que lanzan un novo xeito de achegar o coñecemento que existe arredor dos montes veciñais en man común en formato wiki, para poder definir así de xeito colaborativo os principais termos relacionados cos montes (...)
Ler máisO polígono do Caramuxo sobe ás redes de nova xeración
200 empresas situadas no polígono do Caramuxo e as rúas Ricardo Mella e Camiño de Camposancos, en Vigo, xa poden acceder dende hoxe á tecnoloxía FTTH (fibra ata o fogar). A nova rede, para a que se despregaron 1.000 quilómetros de fibra, foi presentada hoxe no Hotel Hesperia a medio cento de empresarios do Caramuxo, nun acto presidido polo director de (...)
Ler máisOs expertos de Territorios Creativos avogan por unha aposta atlántica común a prol da innovación e o patrimonio
Ourense acolle estes días (xoves e venres) no Centro Cultural Marcos Valcárcel unha xuntanza de diferentes países europeos, co nexo común do seu substrato atlántico, baixo o nome de Conferencia Internacional sobre Territorios Creativos. O evento, que na primeira xornada contou coa asistencia de máis de medio cento de profesionais das industrias culturais dos (...)
Ler máis0 | ... | 25470 | 25480 | 25490 | 25500 | 25510 | 25520 | 25530 | 25540 | 25550 | ... | 42430