EGANET reincorpórase ao Clúster TIC Galicia

venres, 28 de xuño do 2013 Redacción

Na sesión ordinaria da súa Asemblea Xeral, celebrada onte en Santiago de Compostela, o Clúster TIC Galicia pechou o acordo para a reincorporación de EGANET e das súas empresas socias. Deste xeito, a representatividade verase incrementada e permitirá a dinamización e ampliación das capacidades para afrontar novos proxectos. Nos vindeiros meses o Clúster pechará a súa reestruturación coa modificación dos seus estatutos nos que se recollerán as melloras funcionais.
En canto a proxectos e obxectivos a curto prazo, o Clúster TIC Galicia centrará os seus esforzos na colaboración con GAIN para a elaboración do RIS3 (Estratexia de Especialización Intelixente para Galicia), xa que permitirá a creación e potenciación de proxectos tractores.
A dinamización da I+D e a potenciación da transferencia tecnolóxica será outro dos eixos de traballo continuo e transversal que se realizará desde o Clúster e que permitirá a mellora da competitividade, tanto para empresas TIC como para as de todos os sectores produtivos. Finalmente, a internacionalización será o eixo transversal nas accións e proxectos da entidade. Buscaranse novas fórmulas e metodoloxías para abrir novas oportunidades de exportación de produtos e servizos para as empresas.

PUBLICIDADE