Tecmo confirma que haberá Ninja Gaiden 3

luns, 18 de maio do 2009 Marcus Fernández

Co lanzamento de Ninja Gaiden II para Xbox 360, Tomonobu Itagaki, responsable do Team Ninja e da saga de xogos que leva 20 anos dando guerra, anunciaba o remate das aventuras de Ryu Hayabusa, pero ao deixar Itagaki a empresa os resto do equipo non estaba conforme coa situación, e non só están a preparar unha adaptación deste último xogo para PlayStation 3, senón que agora Yosuke Hayashi, novo xefe de desenvolvemento do Team Ninja, confirmou que tras Ninja Gaiden Sigma 2 van facer un Ninja Gaiden 3.
Agora aseguran que os futuros títulos serán multi-plataforma e suporán un grande salto evolutivo, pois mirarán de facer un cambio de rumbo á franquía, que sen dúbida reflectirá os cambios do equipo creativo.

PUBLICIDADE