Movistar levará a televisión de pagamento ao iPhone

venres, 21 de maio do 2010 Marcus Fernández

Dende ADSLzone.net aseguran que no mes de xuño Movistar vai lanzar unha serie de paquetes de televisión para clientes do iPhone que estarán dispoñibles por dende 4 euros/mes e que serían os seguintes:
- Pack fútbol: inclúe Gol Televisión e as seis canles de Tribuna e Multigol
- Pack Latino: inclúe TV Colombia, Ecuavisa, N24, Telefe e Sun Channel
- Pack TV infantil: formado por 9 canles (coma Cartoon Network ou Boomerang) - Pack TV música: formado por 7 canles (coma MTV ou Sol Latino)
Estes paquetes custarían 4 euros ao mes, aínda que tamén será posible contratar Digital+, con 22 canles de televisión, por dende 5 euros/mes.
Cómpre destacar que a descarga de programas de televisión non computará coma tráfico de Internet dentro da tarifa de datos contratada.

PUBLICIDADE