Novo número da nosa edición impresa
xoves, 20 de xuño do 2024
Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á celebración da Noita de Enxeñaría en Informática de Galicia que se celebra o día 21 en Santiago de Compostela. Tamén abordamos os seguintes temas:
– R incrementa a presenza da súa fibra óptica en oito concellos galegos
– O Goberno destina 53,1 millóns a estender a 5G nos nosos concellos pequenos
– Talentos Inclusivos do CITIC celebrou no centro Ágora o seu acto de clausura
– Entrevistamos a Andrés Riveiro, director da delegación en Galicia de Seresco
– A CRTVG destinará máis de 10 millóns de euros á súa nova plataforma dixital
– Aumentan os recursos para garantir a ciberseguridade dos concellos, deputacións e universidades
– As exportacións do noso hiperserctor TIC superaron os 120 millóns
– O CNTG superou este curso 2023-2024 as 200 formacións TIC
– A aplicación que documenta a toponimia da nosa terra visitará unha ducia de localidades
– As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante
– Entrevistamos a Ignacio Moreno, presidente da Asociación The Ponential Fellowship
– O Museo do Videoxogo (MUVI) de Cangas achegou en xuño grandes novidades
– Colle corpo a terceira edición do Lérez Up