Unha campaña en GalegoLab busca que Google dedique o seu logotipo ás Letras Galegas 2012

xoves, 7 de xullo do 2011 Marcus Fernández

Con certa frecuencia o buscador Google muda o seu logotipo durante 24 horas para conmemorar algunha celebración tanto a nivel mundial como de ámbitos máis locais no que se coñece como doodles. Deste xeito, dende o Día da Nai ata o aniversario de Les Paul ocupan un lugar destacado no buscador de Google, pasando por moitas das grandes festas nacionais, o que inspirou unha nova campaña que toma forma en GalegoLab, e que persegue que Google dedique o seu logotipo ás Letras Galegas durante a edición de 2012 de tal celebración.
O proxecto pretende comezar preguntando a Google sobre o proceder para poder conseguir tal recoñecemento da conmemoración cultural máis importante de Galicia, para despois realizar unha petición formal e difundir a campaña a través das redes sociais para conseguir un importante volume de adhesións, o que redundaría no prestixio da nosa lingua.

PUBLICIDADE