O xogo na nube de Xbox chega ao Fire TV Stick

xoves, 27 de xuño do 2024 Marcus Fernández

Os xogos de Xbox levan uns anos podéndose gozar mediante streaming, chegando tamén a televisores e mesmo visores de VR, e para continuar a espallar a súa dispoñibilidade, anuncian hoxe que o xogo na nube de Xbox chega a dispositivos Fire TV Stick, moi populares para quen quere dotar de capacidades de Smart TV a vellos televisores.
Os subscritores de Xbox Game Pass poden agora gozar dos xogos de Xbox no televisor sen necesidade de consola de videoxogos, empregando directamente un Fire TV Stick e un mando Bluetooth (sendo especialmente recomendable o uso de mandos de Xbox ou PlayStation).
Os dispositivos compatibles son concretamente o Fire TV Stick 4K Max (2023) e o Fire TV Stick 4K (2023), que neste momento teñen un prezo de 79,99 e 69,99 euros respectivamente, aínda que é de esperar que co gallo do Prime Day teñan unha rebaixa importante (se atendemos a promocións anteriores, deberían ter un prezo de 50 e 40 euros respectivamente).

Coa chegada ao Fire TV Stick o xogo na nube de Xbox mellora considerablemente a súa dispoñibilidade

PUBLICIDADE